Enterran á falecida que se precipitou ó Río do Con

    VILAGARCÍA > Xa foi enterrada a muller  que o pasado luns falecía ó precipitarse ó río do Con a través dunha varanda rota esta fin de semana por uns vándalos que aínda non foron identificados. A súa morte foi consecuencia dos traumatismos sufridos pola caída, segundo desvelou a autopsia.  

    entierro.jpgO enterro de A.I.G de 69 anos de idade estivo rodeado da tristeza dos familiares e coñecidos e a indignación. A muller falecía como consecuencia da actividade vandálica da fin de semana en Vilagarcía.

    Aínda que ninguén acusa ós rapaces desta triste desgracia son moitos os veciños que cren que se podería ter evitado. Así o consideran tamén os concelleiros de IVIL, Rivera Mallo, e do PP, Tomás Fole, que solicitaron que se unan esforzos para evitar queaconteza algo semellante. Esquerda Unida, Juan Fajardo, e mailo BNG, Castro Ratón, foron máis aló e reponsablizaron ó concello por unha actuación neglixente e non preventiva.

    O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, defendeuse das críticas solicitando prudencia á oposición nas súas declaracións xa que non considerou que a morte da muller fora culpa do concello.

    Redacción Salnés