As Autoridades Portuarias galegas estudan proxectos conxuntos

    ptesautoridadesportuarias copia.jpg VILAGARCÍA> A xuntanza estivo encabezada pola conselleira do Mar, quen salientou que estas citas  amosan que os portos galegos funcionan como se fose un.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_COORDINACION_PORTOS_GALICIA261011.flv{/flowplayer}

    Entre as propostas que se barallaron nesta reunión, a conselleira do Mar destacou unha serie de melloras no campo da investigación e o desenvolvemento, así como medidas encamiñadas a reforzar a seguridade e a protección dos portos fronte á contaminación. Todas ideas encamiñadas, dixo a Rosa Quintana, a mellorar eficacia e eficiencia dos portos.

    Tamén estudaron a proposta de asinar un convenio de colaboración coa Escola Galega de Seguridade da Estrada para mellorar a formación dos garda peiraos e do persoal que traballa nas Autoridades Portuarias, coa fin de mellorar a súa capacidade de reposta contra calquera incidente que poida xurdir no seu traballo diario.

    Que agarden polo decreto

    {flowplayer}images/salnes/INTRO_TOTAL_PARQUISTAS261011.flv{/flowplayer}

    Aproveitando o seu paso por Vilagarcía, a conselleira do Mar referiuse á polémica que vén mantendo a Agrupación de Parquistas de Carril a propósito do decreto de reordenación dos parques que está a redactar a Xunta. Rosa Quintana asegura non entender o revoo que se está causando cando aínda non se coñece o contido do documento, así que empraza ós mariscadores a agardar a que estea listo para lelo e, se están en desacordo con algún punto, presentar as alegacións oportunas. Quintana engade que todo regulamento que se realiza desde a súa carteira é sempre consensuado co sector. O decreto estase a redactar e a principios do 2012 podería estar en marcha.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.