O paro volve a situarse en España por debaixo dos 5 millóns

     SALNÉS> O Ministerio de Emprego sitúa en 4.989.193 as persoas rexistradas nas oficinas do INEM no mes de abril. Unha caída do 0,91% con respecto a marzo.

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaEmprego_060513.flv{/flowplayer} 

    O Ministerio de Emprego sitúa en 4.989.193 as persoas rexistradas nas oficinas do INEM no mes de abril. Unha caída do 0,91% con respecto ó mes de marzo e datos que contrastan cos presentados polo Instituto Nacional de Estadítica o 25 de abril, unha EPA que cifraba o número de desempregados por enriba dos seis millóns en España.

    Dende o goberno fíxose unha valoración positiva xa que conseguiuse reducir a tasa interanual en 7,5 puntos, para deixalo no 5,16%.

    Antes de coñecer estas cifras, dende o Partido Socialista propuxeron que España sexa obxecto dun segundo rescate, este de 30.000 millós de euros que proveñan do Mecanismo Europeo de Establidade e que vaian destinados a atallar o paro, abrir a man do crédito e combater as dificultades das familias. Medidas que na rúa non acaban de convencer polo risco que suporía para o país adquirir unha nova débeda. 

    Por comunidades os datos do paro reflicten un descenso en 15 delas, incluída Galicia onde hai 290.459 persoas buscando emprego, 728 menos que hai 30 días.

    Por comarcas, no Salnés o número total de parados é de 16.134, 169 menos que en marzo pero 1.411 máis que en abril de 2012. Dos datos máis salientables, a creación de emprego en Cambados e A Illa con 92 e 83 novos postos de traballo, respectivamente, case a metade deles creados e nos sectores da agricultura e a construcción. No lado oposto da balanza sitúase Vilagarcía, no que traballan 48 persoas menos que no mes anterior.

    No Barbanza os desempregados son 11.453, tan só un máis que en marzo pero cunha diferencia inbteranual de 750 persoas máis sen traballo. O paro baixa na Arousa Norte e na zona de Muros pero ascende na noiesa.

    Redacción Salnés