20 turoperadores interénsanse polas rutas do Camiño de Santiago no Salnés trala feira fairway

SALNES> Balance positivo do paso da mancomunidade do Salnés polo fairway, a feira especializada no camiño de Santiago. No evento, o ente comarcal presentou os seus percorridos do camiño a 20 turoperadores tanto nacionais como internacionais. Todas as compañías mostraron interese polas rutas do Salnés.

A mancomunidade do Salnés estivo presente na fairway, a feira especializada no camiño de Santiago. Alí, o ente comarcal puxo en valor as rutas do camiño que pasan pola comarca do Salnés.

Na feira, a mancomunidade reuniuse con 20 turoperadores tanto nacionais como internacionais para presentarlle as súas rutas. As 20 compañías mostraron interese pola comarca do Salnés.

Na fairway, a mancomunidade tamén se reuniu con Aviturga para establecer liñas de traballo en común. Por todo o interese mostrado pola oferta da mancomunidade, a valoración é moi positiva.

Unha vez remata fairway, o traballo agora da mancomunidade é colaborar cos turoperadores interesados para poder achegar a máis visitantes.

A mancomunidade tamén aproveitou a ocasión para mostrar o seu novo spot do camiño á orixe. Con todas estas iniciativas, a mancomunidade agarda a traer a máis peregrinos á comarca, especialmente no ano xacobeo, onde as expectativas son moi altas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí