Os socialistas da Illa poñen en valor os 4,6 millóns de euros de investimentos da Deputación

A ILLA> A unhas horas de dar comezo oficial á campaña electoral, o Partido Socialista da Illa de Arousa fixo balance dos investimentos da Deputación de Pontevedra no concello. A formación situou en 4,6 millóns de euros as achegas provinciais nestes catro anos. Cifra que contrapón coas que chegaron á Illa no último mandato do PP na Deputación: 988 mil.

4,6 millóns de euros en catro anos. Esta é a contía que a Deputación de Pontevedra investiu na Illa de Arousa no último mandato, segundo os datos do Partido Socialista do concello.

Na última rolda de prensa antes do inicio oficial da campaña cara as municipais, os socialistas insulares desgranaron as partidas que recibiron achegas provinciais: o acondicionamento da Escola de Pau, a recuperación da praza do Portiño, apertura de viais ou a contratación de 37 traballadores, son algunhas. Así as cousas, non dubidan de cal é o proxecto estrela: a rehabilitación das Casas Modernistas.

Deste xeito, o PSOE da Illa defendeu o sistema de reparto de fondos implantado na Deputación, que consideran máis xusto e equitativo. Un modelo de investimentos que contrapuxeron ao da Xunta de Galicia.

Tamén destacaron o remate do Edificio de Usos Náuticos e a remodelación do entorno do centro de saúde. Nestes catro anos, A Illa recibiu fondos do Plan Concellos, do Plan de Reequilibrio, e do DepoRemse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí