Rouban 300 euros e diverso material nun bazar na Pobra

    roubobazarchinopobra.jpgPOBRA> O roubo producíase esta pasada madrugada na praza Catro Caños.

    {flowplayer}barbanza/roubobazarchinopobra.flv{/flowplayer}

    O establecemento que sufriu o roubo esta pasada noite atópase ubicado na praza dos Catro Caños, en pleno casco urbano pobrés. Como sinalou o seu propietario, Xue Ling, os ladróns accederon ó local pola propia porta principal do establecemento despois de forzala previamente. Xa no interior actuaron con rapidez, levándose unha cantidade de diñeiro en metálico, uns 300 euros, e diversa mercadoría que había na tenda, os produtos máis caros: perfumes, reloxos e roupa.

    Investigación dos feitos

    A Policía Local e a Grada Civil investigan agora a posible autoría dos feitos, que mesmo poderían estar relacionados con outro suceso que se producía tamén esta pasada madrugada, como foi a queima de varios contedores do lixo en varias rúas da localidade, na Gavoteira e en Tetuán. No primeiro dos casos o lume chegou a afectar á fachada dunha vivenda abandonada. As forzas da orde barallan a hipótese de que o lume puidera ser provocado polos propios ladróns para desviar a atención e así proceder ó roubo ou á fuxida con maior tranquilidade.

    Redacción Barbanza