Pontevedra estrea a súa sétima ponte sobre o Lérez

    PONTEVEDRA>Unha multitude de veciños e autoridades dos distintos organismos galegos deron esta tarde a benvida a Ana Pastor no seu debut

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_ponte_monteporreiro.flv{/flowplayer}

    … como Ministra de Fomento. A sete días do seu nomeamento, Pastor escolleu a súa cidade de orixe Pontevedra, para estrearse no seu novo cargo para o que foi proposta polo novo presidente do Estado, Mariano Rajoy. O acto consistiu na inauguración da nova ponte sobre o río Lérez, a sétima da cidade de Pontevedra, que une o Barrio de Monteporreiro ca estrada PO-223, que une Pontevedra con Campo Lameiro, á altura do Mosteiro de Lérez. Unha obra de 670 metros de longo que lle custou á Deputación de Pontevedra case 5.900.000 euros.

    Este fase terá continuidade a partires do verán cun novo tramo que conectará esta estrada ca nacional cincocentos cincuenta e que servirá para comunicar mellor entes tan destacados como é o Hospital de Montecelo, a sede da Uned en Pontevedra, ou a Cidade Infantil Príncipe Felipe, amais dos accesos á estrada de Ourense.

    Esta actuación verase complementada en breve ca reordenación e mellora integral da rúa Alemaña, unha das arterias principais do barrio de Monteporreiro, da que se encargará a Xunta de Galicia. Un goberno autonómico que tamén prometeu outras melloras no entorno desta capital de Provincia.

    Pola súa banda, o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores tamén anunciou a posta en marcha do proxecto da Ronda Sur, que unirá o sur da cidade desde Montecelo e o nó do Pino e a estrada Pino-Bora.

    Redacción Salnés