RIBEIRA> A ampliación do CEIP O Grupo de Ribeira está máis preto de ser unha realidade. Tralo traslado da comisaría ás novas dependencias, o antigo edificio formará parte do centro educativo que procederá así a conectar o módulo de infantil co de primaria.
A incorporación da antiga comisaría ás instalacións do colexio O Grupo tan só está pendente do proceso de desafectación do inmoble de titularidade municipal que no seu día foi cedido ó Ministerio de Interior.
A intención do concello é poder comezar canto antes co proxecto de ampliación ante a boa disposición de tódalas administracións implicadas. Trátase dunha obra moi demandada por toda a comunidade deste céntrico colexio que conta na actualidade con preto de 700 alumnos.