As confeiterías da firma Ankarr abren de novo as súas portas

    apertura_ankarrcopy.jpgSALNÉS> O fan, segundo explicou a representante da plantilla, para reclamar ós novos propietarios solución á situación pola que atravesan.

    {flowplayer}images/salnes/REAPERTURA_CONFITERIAS_ANKARR.flv{/flowplayer}

    Total normalidade esta mañá nas confeiterías da firma Ankarr trala decisión da plantilla de abrilas súas portas de novo tras esgotalas súas vacacións e ante a falta de información por parte dos novos propietarios. Queren solucións, segundo nos explicou a representante dos traballadores, ó que se une o temor a que se produzan despedimentos tralo escrito que recibiron no que se plasmaba que a plantilla ideal sería de dezasete persoas.

    A este malestar dos traballadores súmase o feito de que nese escrito recóllese a posibilidade de novas contratacións cando lles están comunicando que o ideal sería prescindir de máis do sesenta por cento da plantilla.

    Ante esta situación, desde a CIG ven difícil o futuro da firma se os novos propietarios non toman outra actitude. Non ven á dirección da empresa con moita capacidade para xestionar nin para negociar.

    Mentres tanto, os traballadores das confeiterías Ankarr seguen á espera da retribución de tres pagas e da nómina de decembro. Se estes días non reciben algunha comunicación, non descartan novas mobilizacións.

    Redacción Salnés