RIBEIRA> O Festival Tahume entre Folclores, que organiza o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahume, terá lugar este vindeiro sábado 1 de xullo na praza do Concello, a partir das oito da tarde.
Está prevista a participación de tres grupos, ademais do anfitrión, actuarán o Centro Cultural A Ponte Vella de Reis de Teo e o Grupo de Danzas Vasvasx Alegría Delantzi do País Vasco.
Durante o festival farase tamén un homenaxe a Juan de Martis, un histórico bailador da parroquia de Olveira xa falecido, coa previsión de que asistan algúns dos seus familiares.











