O PSOE esixe o arranxo urxente das deficiencias do centro de saúde

    psoepobracentrosaude.jpgPOBRA> Segundo Teresa García Guillán esta situación está a mermar a calidade asistencial que se lle presta ós veciños.

    {flowplayer}barbanza/psoepobracentrosaude.flv{/flowplayer}

    A través dunha moción presentada para o seu debate na vindeira sesión plenaria, os socialistas da Pobra do Caramiñal denuncian o estado total de abandono no que se atopan as actuais dependencias do centro de saúde da localidade. Esta non é a primeira vez que o PSOE pobrés demanda do executivo un mantemento axeitado destas instalacións.

    A socialista sinalou ademais que en vez de solucionar todos estes problemas denunciados, o executivo local só foi capaz de vender, cun claro afán electoralista, o proxecto do novo centro de saúde, algo que segundo Teresa García, aínda está no aire.

    Dende as filas socialistas tamén se referiron ós recortes que se veñen realizando dende a propia Administración Autonómica e que están a afectar significativamente a calidade asistencial neste centro de saúde.

    Redacción Barbanza