Buscan ó presunto autor dun intento de violación en Boiro

    intentoviolacionboiro100.jpgBOIRO> Unha muller foi vítima dun intento de violación. O agresor asaltouna no portal cando a muller regresaba a casa na madrugada do pasado mércores.

    {flowplayer}barbanza/intentoviolacionboiro.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu no portal dun edificio emprazado nunha das saídas do casco urbano de Boiro. Unha veciña, de aproximadamente corenta anos, tentaba acceder á súa vivenda cando un home asaltouna polas costas e obrigouna a entrar no portal feríndoa cun coitelo no pescozo.

    Unha vez no interior do inmoble, tentou abusar sexualmente dela pero non chegou a consumar a violación grazas á intervención dos veciños.

    Ningunha detención

    O presunto agresor logrou fuxir e malia que a Garda Civil abriu unha investigación aínda non se conseguiu dar co seu paradoiro. Este feito mantén en vilo ós veciños da zona que declinaron facer declaracións ante as cámaras xa que permancen aínda conmocionados polo acontecido.

    Redacción Barbanza