Rianxo estende o abastecemento a toda a aldea do Outeiro

RIANXO> O concello de Rianxo vén de rematar as obras de abastecemento no Outeiro, na parroquia de Taragoña. Coa incorporación de 30 novas vivendas á traída municipal queda practicamente completado o servizo de augas na aldea.

A actuación, acometida con cargo ó Plan Único da Deputación, permitirá dotar de abastecemento a trinta novas vivendas completando practicamente o servizo na aldea de Outeiro.

Aínda que na actualidade, a aldea conectarase á rede xeral que se abastece da ETAP de Rianxo, o concello vai acometer de xeito inminente unha obra en Corques para que tanto este núcleo como o resto da parroquia reciban a auga do depósito de Taragoña.

Esta obra, financiada tamén no marco do plan provincial, posibilitará estender a rede de abastecemento ata o Araño, a última parroquia que carece deste servizo.