Centos de veciños proban sorte no Sorteo Extraordinario do Neno

    sorteo_nenocopy.jpgRIBADUMIA> Segundo o responsable da administración de Barrantes, de cada 100 euros que gañamos no Sorteo de Nadal, agora gastamos 20.

    {flowplayer}images/salnes/VENDAS_LOTARIA_NENO_2012.flv{/flowplayer}

    Para aqueles que non tiveron tanta sorte no Sorteo de Nadal, este xoves terán unha nova oportunidade no Sorteo Extraordinario do Neno, que un ano máis, repartirá 840 millóns de euros.

    Aínda que para esta ocasión, coma de costume, as ventas son menores, decenas de persoas pasan cada día pola administración de Lotaría número un de Barrantes para probar sorte.

    Pero o sorteo do Neno non só é menos concorrido en canto a número de xente senón tamén se atendemos ó gasto. De cada cen euros que se gaña no Sorteo de Nadal, para o Neno gastamos só vinte.

    Segundo o responsable desta administración, polo xeral, para este sorteo son máis veciños ca turistas os que proban sorte. As terminacións en cinco e oito seguen a ser as máis vendidas.

    Redacción Salnés