BOIRO> O accidente tiña lugar onte pola noite á altura de Lampón. Por fortuna non houbo que lamentar vítimas.
{flowplayer}barbanza/condutorsentidocontrario.flv{/flowplayer}
Todo apunta a un despiste do condutor, un home de avanzada idade, que se adentrou en sentido contrario pola autovía do Barbanza, á altura de Boiro. A súa manobra imprudente provocou primeiro varios choques menores, un á altura do viaduto de Lampón e outro en Sealo, para rematar estrelándose contra outro automóbil que acabou volcando e cuxa condutora, resultou ferida leve.
Amplo dispositivo
Ademais dos bombeiros do Parque Comarcal de Boiro, ata o lugar do accidente desprazáronse varias patrullas da Garda Civil e Tráfico, que lle realizaron a correspondente proba de alcolemia ó condutor causante da colisión, cuxo resultado deu negativo. Tamén acudiron ó lugar unha ambulancia do 061, Policía Local e membros do Grumir de Boiro, así como persoal da empresa de mantemento da propia autovía que se encargou da limpeza da estrada.
Redacción Barbanza