O GROVE> 400 mil mozos galegos poderá gozar de descontos nos establecementos hostaleiros, hoteleiros e nas actividades de ocio activo. A promoción é o resultado do acordo acadado entre o Cluster de Turismo e a Consellería de Política Social. 400 empresas sumáronse a este acordo que busca colaborar na reactivación do turismo.
Un total de 400 mil mozos galegos poderán gozar de diferentes descontos en establecementos hostaleiros, hoteleiros e en actividades de ocio activo. O Cluster de Turismo e a Consellería de Política Socias crearon esta promoción para colaborar na reactivación do turismo. Os interesados poderán gozar dos descontos en máis de 400 establecementos.
Os mozos que poden optar a estes descontos son aqueles que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos e solicitasen o carné xoven.
Unha das empresas adheridas a esta promoción é o campo de paintball Adrenalicia do Grove. Dende o centro de ocio sinalan a importancia de estas colaboracións para fomentar a participación dos máis mozos.
Nas primeiras semanas, a participación non está sendo moi alta. Por elo, dende a Xunta, o Clúster e Adrenalina fan un chamamento á xente moza a probar estes descontos e gozar tanto do turismo como das actividades de ocio de toda Galicia.