![]()
SALNÉS> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a querela contra Agustín Hernández pola presunta certificación en falso dunha obra …
… a unha empresa para a que traballara previamente. Os feitos ocorreron na súa época como director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. Ante isto, o parlamentario socialista Pablo López Vidal, reclama ó presidente da Xunta que suspenda a capacidade de contratación de Agustín Hernández. Reclámalle que esta competencia sexa traspasada de inmediato á conselleira de Facenda ata que a xustiza se pronuncie de xeito definitivo.
Os socialistas entenden que un cargo público baixo sospeita grave non pode desenvolver competencias vinculadas á contratación administrativa. Segundo o PSOE, os feitos que se lle atribúen a Agustín Hernández son legalmente constitutivos dun delito de falsidade en documento oficial, cometida por un funcionario público. E tamén dun delito de estafa, xa que se puideron liberar fondos dunha institución pública a unha adxudicataria sen ser esta acredora do pago.
Redacción Salnés









