Os concellos e o ocio nocturno agardan a decisión do comité clínico para as celebracións de fin de ano

VILAGARCIA> O ocio nocturno e os concellos están pendentes das novas medidas sanitarias que poida impoñer a Xunta de Galicia. Nos gobernos locais preocupan as ceas de fin de ano e as posibles festas privadas. Dende concellos como o de Vilagarcía piden á veciñanza que cumpran as medidas e non se relaxen.

A reunión do comité clínico marcará as celebracións que os concellos e o ocio nocturno teñen previstas para fin de ano. Algúns gobernos locais, ante o incremento de casos activos, xa decidiron cancelar actos como as cabalgatas de reis, outros están pendentes das novas medidas que poida impoñer a Xunta.

Á marxe da decisión que tome a Xunta, dende os concellos mostran a súa preocupación polo aumento de casos activos. En vilas como Vilagarcía rexistran o seu máximo de contaxios en toda a pandemia.

A preocupación aumenta dende o goberno local ao chegar a esta situación nunhas datas tan sinaladas. De cara a fin de ano, os concellos piden á veciñanza que non se relaxe e tome todas as medidas.

A situación é similar no ocio nocturno e nas asociacións que teñen programadas bailes para fin de ano. A discoteca Canelas en Portonovo e o Gato Negro de Vilagarcía son algúns dos que xa anunciaron a cancelación dos seus eventos. O resto están pendentes das posibles novas normas que poida impoñer a Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí