‘Cumprimos coa lei e os informes ratificaron que se cumpriu’

    concesion_deirocopy.jpgVILANOVA> Así se pronunciou Gonzalo Durán un día despois de coñecer que a comisión consultiva de Comercio deu luz verde ó centro comercial.

    {flowplayer}images/salnes/CONCESION_COMERCIO_DEIRO.flv{/flowplayer}

    En dez días a promotora do Centro Comercial de San Miguel de Deiro podería contar coa licenza comercial despois de que onte a comisión consultiva do Consello Galego de Comercio emitise informe positivo, o último necesario, ó proxecto da macro área ó contar con tódolos requisitos da Lei de Comercio. Esta mañá o goberno local de Vilanova amosou a súa satisfacción xa que concluíu, segundo Gonzalo Durán, un proceso que comezou fai máis de oito anos.

    Ademais, este paso vai a permitir que o concello faga efectivo o pago do Pazo de Vista Real xa que o dez por cento do aproveitamento urbanístico, e que recibirá o concello, vai destinado a esta compra. Agora, nos vindeiros días, Durán agarda reunirse cos promotores da obra para fixar un cronograma de actuación co que as obras poderían comezar en breves.

    Pola súa banda, o Presidente do Consorcio do Comercio do Salnés confesou que era unha nova agardada pero que non satisfixo ó pequeno comercio. Pero engadiu que non está todo feito xa que sigue adiante o Contencioso administrativo que presentaron e anunciou que están a estudar a posibilidade de presentar alegacións a este último informe.

    Con respecto ás especulacións de que Alcampo non se ía instalar en Deiro, Desarrollos Vilanova informou esta mañá que en decembro renovaron o acordo con esta empresa e con AKI Bricolaje. Neste senso, Marcos González matizou que unha cousa é que se renovase un documento e outra é que se asenten definitivamente en Vilanova.

    Redacción Salnés