![]()
VILAGARCÍA > A concellería de Emprego e Formación pon en marcha un programa que formará a cen persoas con problemas de integración laboral.
Trátase da terceira edición do programa Experimental de Emprego que sufraga a Consellería de Traballo con 143.000 euros pero que levará a cabo directamente o concello vilagarcián e que dará comezo de inmediato.
Así o anunciou o concelleiro José Membrives, quen subliñou que durante dez meses, cen persoas desempregadas poderán formarse ‘naquelo que máis lles guste ou para o que estén mellor capacitadas’ de xeito que poidan optar a un posto de traballo no futuro.
Os demandantes, que recibirán orientación, formación e práctica laboral, chegarán ó Concello de Vilagarcía a través do Inem, que buscará mulleres con problemas de integración laboral, discapacitados, inmigrantes e perceptores de subsidios. Cada un recibirá unha atención personalizada co fin de poder atopar un traballo nun futuro próximo.
Redacción Salnés







