O sergas ascende ao nivel medio alto de restricións a Vilagarcía e Cambados e realizará cribados en diferentes concellos do Salnés

CAMBADOS> Vilagarcía, Cambados e Catoira ascenden ao nivel medio alto de restricións sanitarias. As medidas afectarán principalmente á hostalería que verá reducida a súa capacidade de ocupación a un 50% nas terrazas e un 30% no interior. Ademais, dado as altas incidencias que se dan nos concellos do Salnés, o Serga realizará cribados en Meis e Cambados.

A evolución desfavorable de novos positivos e a alta incidencia acumulada que están a ter todos os concellos do Salnés, leva á consellería de sanidade a aplicar restricións en todos os municipios. Este cambio afecta principalmente a Vilagarcía e Cambados que pasan ao nivel medio alto de restricións sanitaria. As medidas non inclúe peches perimetrais pero si reducións de ocupación na hostalería.

Para frear o aumento dos casos, o Sergas realizará cribados en diferentes vilas para detectar asintomáticos. Un deles terá lugar en Cambados o domingo 25 entre a poboación de 20 e 29 anos.

Outro cribado farase en Meis a comezos da semana que ven para unha poboación máis ampla.

As dúas alcaldesas piden ás súas veciñanzas que acudan ao cribado para axudar a saír desta situación canto antes.

Ao nivel medio alto de restricións sanitarias tamén accede o concello de Catoira con 9 casos activos. Vilagarcía sube sete e sitúase nos 52, Cambados mantén os 22 casos activos ao igual que Meis que continúa con 8.