Portos mellora os fingers no pantalán de Tragobe

    CAMABADOS> José Juan Durán comezou a semana en Cambados. O presidente de Portos de Galicia acudiu ao peirao cambadés para coñecer a actuación que a administración que preside está a financiar no mesmo. Portos de Galicia está a mellorar os amarres para embarcacións en Tragobe. Unha petición que solicitaron dende a Confraría de Cambados. A inversión de preto de 50.000 euros constará da fixación de oito fingers no pantalán. Ruperto Costa, Patrón Maior de Cambados, mostrouse satisfeito con esta obra de mellora que garante a seguridade. Acompañaron ao presidente de Portos de Galicia, o Delegado da Xunta na provincia, o líder dos populares en Cambados e o edil de Cambados, Víctor Caamaño.