Cheo absluto na inauguración da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova

VILANOVA> A Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova deu comezo cunha gran afluencia de visitantes. O vicepresidente da Xunta destacou a importancia destas festas gastronómicas para poñer en valor como reclamo turístico os produtos galegos. Dende o concello aseguran que aumentarán o aforo para facer fronte á demanda.

A unha da tarde daban comezo as Festas do Mexillón e do Berberecho de Vilanova e preto das 2 a carpa de degustación xa lucía chea de público sen a penas sitios onde sentarse. Un gran comezo para unha festa que crece cada ano e á que o mal tempo non lle resta visitantes.

Ao acto acudiron diferentes autoridades da comunidade e da contorna. O vicepresidente da Xunta destacou o atractivo turístico da gastronomía de Galicia e a importancia de que festas como esta poñan en valor os nosos produtos.

Entre os visitantes atopábanse veciños da vila e da contorna pero tamén turistas de Cataluña, País Vasco ou Suíza entre outras lugares. Gozar das festas e saborear os mellores produtos do noso mar son o maior reclamo dos festexos de Vilanova.

Ante a gran afluencia de visitantes, dende o concello anunciaron que ampliarán o aforo na carpa para que teñan sitios todos aqueles que se queiran achegar á Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova.