As rebaixas no Salnés acadan o 50% nos descontos iniciais

    VILAGARCIA> As rebaixas deste ano son mellores ca de costume, ou alomenos eso é o que nos garanten desde varios comercios e asociacións…

    {flowplayer}images/salnes/rebaixas_inverno_2012.flv{/flowplayer}

    … das Rías Baixas.Desde o seu inicio o sábado xa son moitos os que se achegaron ós comercios da contorna na procura de artigos co prezo rebaixado. Moitos deles, superarán os descontos do 50 %, motivada, sobre todo, pola situación de crise que atravesamos que obriga ós empresarios a facer un sobreesforzo para baleirar as súas tendas e almacéns, antes de que chegue a roupa de temporada. 

    Entre os clientes encontramos moita xente que xa fora de rebaixas, sobre todo a mercar roupa, calzado e artigos para o fogar.Entre os enquisados, a meirande parte notaba un cambio nas rebaixas deste ano con respecto as anteriores, aínda que tamén había queixas sobre as mesmas.

    A nivel autonómico, estas rebaixas de inverno suporán o 15 % das vendas de todo o ano. Desde as asociacións de consumidores lembran que as rebaixas só son no prezo e non na calidade dos artigos nin nos dereitos dos compradores.

    Redacción Salnés