Pouca vieira pero de bo tamaño no inicio da campaña

    CAMBADOS> A vieira volveu esta mañá ó porto de Cambados. Tras dez meses de veda por mor da toxina, hoxe unhas 33 embarcacións volveron a extraela na Ría de Arousa. Nesta primeira xornada ás embarcacións levoulles tres horas coller os copos, bastante tempo para ser o primeiro día. Non moita vieira pero si de bo tamaño e calidade. Este é o balance que máis se escoitaba no Peirao de Cambados esta mañá no que foi o primeiro día da campaña da vieira este Nadal. En total saíron a faenar 33 barcos, 9 deles de Rianxo, que foron quen de coller os copos establecidos de 30 quilos por tripulante, cun máximo de 90 por embarcación e día. Nesta xornada levoulles unhas tres horas coller os topes, algo de máis para ser o primeiro día. A intención é prolongar esta campaña ata febreiro, podendo aumentar os copos se a demanda é crecente e se hai producto dabondo durante os días previos ós festivos. A xornada de hoxe non foi clarificadora de se dará a vieira para os vindeiros dous meses ou non. A vieira de Cambados volve a comercializarse a un prezo fixo de catro euros e é eviscerada e comercializada por Vieira de Cambados, unha empresa participada polo propio pósito cambadés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/vieira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/abre_campana_vieira.mp4{/flowplayer}