A CIG pide a Guerra que apoie ó Consorcio no conflito de Alfageme

    rosa_abuin_alfagemecopy.jpgVILAGARCÍA> Pola súa banda, o Conselleiro asegurou que se existen garantías xurídicas seguirán adiante co Plan que se marcaron ó comezo.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_VALORA_SENTENZA_ALFAGEME_13012012.flv{/flowplayer}

    Despois de coñecer que a Audiencia Provincial autorizou a liquidación das fábricas e marcas ligadas a Alfageme, esta mañá desde a central sindical CIG fixeron un chamamento ó Conselleiro de Industria. Esíxenlle que cumpra co seu compromiso de apoiala única oferta coñecida ata o momento, a do Consorcio, unha vez que a sentenza é firme e que o conflito de Alfageme está máis preto ca nunca de resolverse.

    O conflito podería resolverse a comezos do mes de febreiro despois de que a resolución da Audiencia Provincial fixase o prazo dun mes para a presentación de ofertas á subhasta para a liquidación da conserveira. Ante esta situación, desde a CIG pídenlle ó Conselleiro que cumpra coa súa palabra e apoie a oferta do grupo O Consorcio.

    Ademais, desde o sindicato dubidan que outras empresas presenten as súas ofertas dado que o prezo de saída supera os 33 millóns de euros. A pesares de facer este chamamento ó Conselleiro, desde a central sindical confían na súa boa vontade senón, sentenciaron, terá que dar moitas explicacións.

    Con todo, as traballadoras de Alfageme están contentas ante o contido da resolución pero, ó tempo, están á expectativa, segundo Rosa Abuín, ó que poida suceder nas vindeiras semanas. T

    Polo momento, a CIG renirase co Conselleiro de Industria o venres da vindeira semana na Delegación da Xunta en Pontevedra. Con anterioridade, está previsto que Javier Guerra manteña un encontro coa empresa o Consorcio o mércores día dezaoito. Pola súa banda, o sindicato CGT celebrou esta tarde unha asemblea coas traballadoras. Tamén manterán encontros coa Consellería e co Consorcio nos próximos días.

    Javier Guerra

    Neste conflito de Alfageme, tal e coma dicían os sindicatos, o Conselleiro de Industria tiña moito que dicir. Pois ben esta mañá, durante a inauguración da praza de Abastos de Vilagarcía falou tamén da conserveira. Javier Guerra confirmou que se existen garantías xurídicas seguirán adiante co plan que se marcaron ó inicio.

    Redacción Salnés