A Gastronomía será o principal aliciente de O Grove en FITUR

    O GROVE> O Grove paraíso gastronómico é o lema baixo o que se presentará a vindeira semana este Concello na Feira Internacional de…

    {flowplayer}images/salnes/promocion_grove_fitur.flv{/flowplayer}

    … Turismo de Madrid, FITUR. Este ano, malia que Turismo Rías Baixas non contará cun stand propio, o Concello Meco resaltará a súa oferta turístico-gastronómica, sobre todo durante o mércores e o venres. Aquí, dará a coñecer ós visitantes as súas múltiples potencialidades e servicios turísticos de sempre, amais dunha nova proposta gastronómica que intentará desestacionalizar o turismo ó longo de todo o ano promocionando en cada mes os productos que estean na súa mellor época. Esta información será ofrecida ós visitantes de FITUR por medio de guías, posters, folletos e mesmo un video promocional no que se proclamar as excelencias desta península.

    Este anunciou producíase hoxe xusto cando o Concello ven de enviar a súa proposta para renovar a bandeira azul das súas praias máis destacadas. O Concello colabora nesta iniciativa con Emgrobes, o Centro de Iniciativas Turísticas e a Asociación de Hostelería. Amais da súa presencia en FITUR, o consistorio do Grove proponse para este ano espallar estas propostas máis aló de FITUR, acudindo a outras feiras de turismo noutros puntos da xeografía nacional, como poder ser o norte penínsular.

    Redacción Salnés