Castro Ratón renuncia como edil e portavoz do grupo municipal do BNG

    castro_raton100.jpgVILAGARCÍA> O de decembro foi o último pleno de Xosé Castro Ratón. O ata agora portavoz do BNG anunciou hoxe a súa renuncia á condición de concelleiro.

    {flowplayer}images/salnes/despedida_castro_raton.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O de decembro foi o último pleno de Xosé Castro Ratón. O ata agora portavoz do BNG en Vilagarcía fixo pública hoxe a súa renuncia á condición de concelleiro.

    Unha decisión, na que reitera, pesan cuestións de tipo persoal, mais tamén valoración política. Foron 12 anos dedicados á vida municipal é cre que é o momento de retirarse.

    Unha longa traxectoria de servizo á xente, como el di, que comezou en 1999 e que tivo como punto álxido a pasada lexislatura, cando o BNG formou parte do goberno local co PSOE. Neses catro anos foi Tenente de Alcalde, responsable da Área de Cultura e portavoz do BNG. Nas últimas eleccións municipais, conseguiu manter os 3 edís que tiña en 2007. Máis dunha década da que só gardará bos recordos.

    Trala marcha de Castro Ratón quedará como portavoz do grupo municipal do BNG Ana Lorenzo. Mentres que a vacante de edil será cuberta por María Villaronga, número catro na candidatura ás Municipais de 2011. Ten 26 anos e é mestra de educación infantil. Militante de Galiza Nova dende os 16 anos na actualidade é a responsable comarcal desta organización xuvenil e forma parte da súa dirección nacional. Tamén é membro dos consellos local e comarcal do BNG e colabora como voluntaria coa Asociación Con Eles de atención a diminuídos psíquicos.

    Castro Ratón di adeus ó Concello pero seguirá vinculado ó BNG.

    Redacción Salnés