Comeza a regularización das concesións da praza de abastos de Cambados

    CAMBADOS>Representantes do concello de Cambados reuníronse a pasada noite coas vendedoras e vendedores da praza de abasto da vila, para explicar como será o proceso administrativo para regularizar as concesións da praza cambadesa. 

     

    A praza de abastos de Cambados está sumida nun proceso de regularización dos postos de venda ao público. Na actualidade este espazo conta cuns 70 postos, aínda que ten un número menor de licencias debido a que hai algunhas que contan don dobre espazo. 

    Dende o concello afirman que un porcentaxe importante dos vendedores da praza atópanse nunha situación alegal ao estar traballando en concesións que se lle asignaron no seu día a un tío, ou outro familiar. 

    Os edis Xurxo Charlín acompañado de María José Cacabelos explicaron aos vendedores da praza os pasos que deben dar para regularizar a situación.

    Pola súa banda, o voceiro do grupo de goberno destacou que neste caso o importante é solucionar o problema de estes traballadores, para que poidan desenvolver a súa labor dentro da legalidade, aínda así, afirma que esta situación, non ven de agora. 

    Os vendedores da praza cambadesa disporán dun prazo de máis ou menos dun mes para legalizala súa situación. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/praza_abastos_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/praza_abastos_cambados.mp4{/flowplayer}