SANTIAGO> A consellería do Medio Rural e do Mar iniciou esta mañá a rolda de contactos cos grupos políticos con representación no Parlamento.
{flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_MAR_PPC.flv{/flowplayer}
Tal e como anunciara a pasada semana a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, hoxe tivo lugar a primeira das reunións cos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia. Trátase do primeiro dos dous grupos de traballo que a Xunta pretende crear para acadar unha opinión unificada sobre a postura que Galicia debe defender en Europa ante a reforma da PPC, a Política Pesqueira Común.
Segundo cálculos da consellería, este primeiro informe debería estar concluído en marzo, para poder trasladalo entón ó Consello Galego de Pesca.
O obxectivo é que en xuño Galicia conte cun documento no que se recolla unha postura consensuada por tódolos actores galegos vinculados ó sector pesqueiro para manter ante Europa unha voz única, e así lograr que estas propostas teñan máis peso.
Redacción Salnés