A Fundación Fraga homenaxea ó político vilalvés na súa terra

    OFRENDAFLORALFRAGA copia.jpg SALNÉS> Foi este mediodía, cunha ofrenda floral na que participou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

    {flowplayer}images/salnes/OFRENDA_FLORAL_FRAGA.flv{/flowplayer}

    A Fundación Manuel Fraga quixo ser das primeiras en render homenaxe ó histórico político vilalvés na terra que o veu nacer. Ó medio día, e cunha ofrenda floral presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, autoridades e veciños lembraron a figura do que foi o seu cidadán máis ilustre.

    O de hoxe é un dos moitos actos convocados para honrar ó ex presidente da Xunta e fundador do Partido Popular. Onte, recibía o último adeus na localidade coruñesa de Perbes ante a ollada de familiares, persoeiros do mundo da política e xente anónima. Hoxe cúmprese o terceiro día de loito oficial decretado en Galicia polo Consello da Xunta e para o sábado xa se está a organizar un multitudinario funeral na Catedral de Santiago de Compostela. Ás doce do día. Dous días despois, o luns, está previsto que o arcebispo Antonio María Rouco Varela oficie unha misa na súa memoria na Catedral da Almudena, en Madrid, e xa para o mes o Partido Popular prepara un acto político de homenaxe ó que está previsto a asistencia do xefe do Executivo central, Mariano Rajoy.

    Redacción Salnés