Os veciños piden a retirada dos coches abandonados fronte ós xulgados

    depositovehiculosribeira100.jpgRIBEIRA> O concello estuda o traslado dos vehículos intervidos xudicialmente que actualmente permanecen abandonados nunha céntrica parcela da vila.

    {flowplayer}barbanza/depositovehiculosribeira.flv{/flowplayer}

    Hai anos, antes de converterse nun depósito de coches requisados, esta parcela situada ó carón dos xulgados, era usada como aparcamento por moitos veciños. Sen embargo, na actualidade permanece pechada e nela vanse amontoando os vehículos sen ningún tipo de mantemento converténdose en branco doado para os actos vandálicos.

    Impacto negativo

    Entenden que deberían ser trasladados a un local pechado para evitar o seu deterioro e o impacto negativo que produce sobre a imaxe do concello.

    Dende o concello xa iniciaron os trámites para trasladar os vehículos a unha parcela en Xarás aínda que de momento non precisaron máis datos sobre o avance das xestións.

    Redacción Barbanza