‘A nosa aposta pasa por un modelo impositivo máis unificado e igualitario’

    louzan_impostoscopy.jpgPONTEVEDRA> A busca deste obxectivo motivou que esta tarde o Presidente do PP Provincial se reunise cos alcaldes e voceiros da provincia para abordalo tema.

    {flowplayer}images/salnes/PP_PONTEVEDRA_IMPOSTOS_MUNICIPAIS.flv{/flowplayer}

    Esta tarde alcaldes e voceiros populares da provincia de Pontevedra reuníronse na sede provincial para abordalo modelo impositivo dos concellos da provincia e a subida do IBI. Así o destacou pola mañá o Presidente do partido, Rafael Louzán.

    A situación de crise que están a vivir moitas familias e as dificultades de financiamento que atravesan os concellos, motivou, segundo explicou esta mañá o Presidente do PP de Pontevedra, que pola tarde se reunise cos alcaldes e voceiros da provincia. A súa intención, dixo, é chegar a un acordo que busque a igualdade dos dereitos e servizos dos veciños dos diferentes concellos.

    Para elo, analizaron o modelo impositivo dos concellos da provincia, dentro do cal se atopa a taxa de recollida de lixo. Con respecto a este imposto, Louzán resaltou que non se poden manter as diferenzas entre concellos limítrofes que leven a falar de que Cuntis pague 70 euros polo lixo e Moraña 36. Unha saída sería a de mancomunalo servizo para reducir custes.

    Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a subida do IBI. Segundo Louzán esta suba vai permitir sanealas contas dos concellos e acadar unha maior equidade entre eles.

    Redacción Salnés