Velo cre que a admisión do recurso non garantirá a validez do PXOM

    velorecurso_100_290208.jpgBOIRO > Manuel Velo criticou ó executivo de Boiro por enganar aos cidadáns ao considerar como unha vitoria a admisión do recurso contra a anulación do PXOM.

    {flowplayer}barbanza/velorecurso.flv{/flowplayer}

    Para o voceiro de ICBoiro, os membros do bipartito pretenden, agora, “ir as carreiras” para intentar solucionar a desfeita urbanistica en Boiro e sinalou que nunca foi intención do grupo de goberno modificar o documento xa que se sinten a gusto con el porque permite a especulación.

    Coa admisión deste recurso de casación, asegura o voceiro de ICB non se garante unha sentenza favorable senón, todo o contrario, xa que Velo cre que o Tribunal Supremo respectará o veredicto do Tribunal Superior de Xustiza e manterá a anulación do plan urbanístico.

    Ilegalidade

    Da mesma opinión e Luis González Maceiras, concelleiro de ICB, que se mostrou moi molesto coas declaracións do concelleiro de Urbanismo, Xoán León, por culpar a Manuel Velo de ser o causante da anulación do PXOM de Boiro.

    González Maceiras matizou que todos os cidadáns teñen o dereito a recurrir ao Tribunais cando consideren que existe unha ilegalidade, algo que fixo Manuel Velo e que de momento ninguen lle reprochou agás os membros do bipartito co fin de eludir as responsabilidades que lle corresponden.

    Asemade engadiu que se non existise unha ilegalidade no plan urbanístico o Tribunal Superior de Xustiza non lle daría a razón. Por ultimo, González Maceiras cualificou a Xoán León como o peor concelleiro de urbanismo que tivo o concello de Boiro porque nunca se preocupou dos problemas urbanísticos do municipio.

    Redacción Barbanza