Tres anos de cárcere para dous arousáns por tráfico de drogas

    xuizo_trafico_drogascopy.jpgPONTEVEDRA> Este é o acordo ó que chegaron esta mañá no xuízo os dous galegos coa Fiscalía no que tamén estaban imputadas outras dúas persoas.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_NARCOTRAFICO_AROUSA.flv{/flowplayer}

    Tres anos de cárcere e multas de 279.000 para cada un dos imputados. Este foi o acordo ó que chegaron esta mañá o Ministerio Fiscal e os catro acusados dun delito de tráfico de droga, entre eles dous vilagarciáns.

    Os catro acusados asinaron esta mañá o escrito de conformidade despois de chegar a un acordo co Ministerio Fiscal. Dos cinco anos e medio que pedía a Fiscalía, finalmente os acusados acordaron unha pena de tres anos e o pago de multas de 279.000 euros cada un e das costas procesais. Isto motivou, que das tres sesións que inicialmente estaban previstas para a celebración do xuízo, a sesión durase apenas uns minutos e quedase visto para sentenza.

    Segundo o escrito de acusación, os feitos remóntanse ó 24 de outubro de 2009. Ó parecer os dous arousáns, duns trinta anos, se desprazaron ata Vilanova de Arousa onde lle fixeron entrega ós outros dous acusados, procedentes de Madrid, de dous paquetes cun peso total de 821 gramos de cocaína, que no mercado acadaría un valor superior ós 93.000 euros. Finalmente a operación quedou truncada xa que durante a viaxe de volta á capital española, os dous madrileños foron detidos nun control policial.

    Redacción Salnés