![]()
VILAGARCÍA> O representante dos colectivos culturais esixíu o cese do edil Francisco González, mentres que o alcalde defendeu a xestión deste.
{flowplayer}images/salnes/ReaccionsFoleXurxo_280513.flv{/flowplayer}
Tanto Xurxo Abuín como Tomás Fole compareceron en rolda de prensa para dar a súa valoración do acontecido no último pleno. O rexedor vilagarcián defendeu a xestión realizada por Francisco González nos seis meses que leva como edil de cultura mentres que dende os colectivos culturais piden a súa dimisión.
O cruce de declaracións esta mañá tamén veu dado polo inicio do conflicto que desembocou na suspensión do pleno. Cada parte bótalle a culpa á outra.
Os colectivos culturais, liderados por Xurxo Abuín, din sentirse obxecto de burla. Aseguran que a proposta que levou a pleno Francisco González "non a coñecían nin os seus propios compañeiros de goberno e que en ningún momento foi consensuada coas asociacións". Mentres o alcalde criticou a Abuín por confundir á cidadanía sesgando información sobre o regulamento. Di que ningún colectivo vilagarcián terá que pagar por usar as instalacións municipais e aproveitou para mandarlle un reto a Xurxo Abuín.
A reanudación do pleno terá lugar o venres ás nove da mañá, horario que non gustou nada ós colectivos culturais pola imposibilidade que moitos terán para acudir á sesión. O alcalde mandou un recado ós grupos da oposición dos que dixo que non teñen ideas propias, que se deixan levar por persoas alleas á corporación e ós que acusou de abandonar constantemente os plenos.
Redacción Salnés








