Os pais do Leliadoura reclaman un transporte máis eficiente e seguro

    anpaleliadouratransporte100.jpgRIBEIRA> A ANPA do IES Leliadoura remitiu un escrito á empresa responsable do transporte escolar solicitándolle modificacións nos horarios.

    {flowplayer}barbanza/anpaleliadouratransporte.flv{/flowplayer}

    Dende o pasado 16 de xaneiro, cando a dirección do centro adoptou as novas medidas de apertura de portas, máis dun cento de alumnos, usuarios das liñas procedentes de Aguiño e Carreira, teñen que agardar ó redor dun cuarto de hora fóra do centro educativo. O alumnado colle o autobús ás oito da mañá, unha hora antes do inicio das clases. 

    Sen prazas para todos

    Os pais amósanse tamén preocupados pola seguridade xa que, en ocasión, os alumnos vense obrigados a viaxar de pé.

    Para poñer fin a esta situación, remitirán á empresa responsable do servizo unha serie de cartas asinadas polos pais. Nas misivas solicitan que se alternen os horarios das distintas rutas para que non resulten sempre afectados os mesmos alumnos e que se garanta a seguridade de tódolos viaxeiros.

    Redacción Barbanza