Febreiro será o mes do linguado, o mexillón e a ameixa

    fotoxornadascopia.jpgGROVE> Serán os protagonistas das xornadas gastronómicas que levarán a cabo trece restaurantes e tres hoteis do municipio meco.

    {flowplayer}images/salnes/XornadasGastronomicasGrove.flv{/flowplayer}

    “Seis meses, seis motivos” este é o lema baixo o que se pon en marcha esta iniciativa gastronómica. Aínda que seguro que a algúns se lles ocorren bastantes máis razóns. Para os que se queden en branco, aí van unhas cantas.

    Estes son os protagonistas da que será a primeira xornada, a do mes de febreiro, que arranca o día 17 e se prolongará ata o 26. Un total de 13 restaurantes e 3 hoteis nos que poder degustar pratos elaborados con estes produtos, dos máis tradicionais ós máis innovadores.

    O obxectivo é continuar atraendo os visitantes e dinamizando o sector tamén cos veciños do Grove, aproveitando a calidade dos produtos extraídos na localidade e que se atopan ademais no seu mellor momento.

    E tratando de aproveitar o mellor momento de cada produto, marzo será o mes do polbo, a lura e a sepia, abril o dos peixes de roca coma o escacho sobre todo en guisos ou caldeirada e xuño o do peixe azul.

    Para xullo resérvanse os arroces. O Cit tamén elaborará dez mil receitarios para divulgar por toda Galicia e dar a coñecer a iniciativa.

    Redacción Salnés