Doce emendas para cambiar os orzamentos de 2018

BOIRO> Con elas Boiro Novo pretende darlle un carácter máis social ós presupostos. As doce emendas presentadas ós orzamentos municipais de 2018 pretenden ser unha alternativa o actual modelo de xestión do equipo de goberno. Con elas buscan visibilizar unha liña de traballo de como debe ser o Boiro do futuro, cun presuposto máis participado e transparente, baseado no social, no que se recollen novas infrestruturas como pode ser a estrada de Cespón ou a mellora da ponte de Goiáns, pero que queren ir máis alá, con actuacións como a residencia para maiores ou a rehabilitación das antigas unitarias e das casas dos mestres, para destinalas a vivendas sociais e locais parroquiais. Tamén piden destinar unha partida orzamentaria para actividades socioculturais específicas para a xuventude, que o Concello se sume a campaña Apego de promoción do galego na infancia ou que o municipio volva a formar parte do programa de voluntariado europeo. Boiro Novo tamén solicita o cumprimento da lei de memoria histórica e inicie un plan para a eliminación das barreiras arquitectónicas.