![]()
GROVE> A finalidade desta infraestrutura é reforzala seguridade nas instalacións deportivas e a prestación de servizos auxiliares ós usuarios do porto.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_HELIPORTO_CORGO.flv{/flowplayer}
Esta mañá o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou o heliporto de emerxencias diúrnas habilitado polo seu departamento no porto do Corgo, no Grove.
Este heliporto de emerxencias forma parte da primeira fase dunha rede de heliportos que está habilitando a Xunta de Galicia en puntos estratéxicos da costa galega. Esta reponde á aposta do ente autonómico pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares ós usuarios do porto.
Deste xeito, a instalación do Grove, situada no porto do Corgo, pasa a formar parte dos oito heliportos que xa se atopan en funcionamento na costa galega. Segundo José Juan Durán, durante os próximos meses habilitaranse máis dunha ducia de xeito paulatino. Con estas infraestruturas permitirase reducilas actuais sombras de cobertura de navegación aérea.
No tocante á posibilidade de que o concello explote parte do porto para o desenvolvemento dalgún proxecto, José Juan confesou estar disposto a ceder calquera espazo sempre que se destine a fins portuarios ou complementarios.
Redacción Salnés









