![]()
BOIRO> Patrimonio autorizou a execución da conexión entre as dúas fases do polígono de Espiñeira, paralizada pola aparición de restos arqueolóxicos.
{flowplayer}barbanza/vialconexionespineira.flv{/flowplayer}
A estrada terá menos anchura que a prevista e será preciso construír un noiro para protexer os vestixios.
As melloras no polígono industrial de Espiñeira avanzan lentas pero seguras. Dende a constitución da asociación de propietarios xa se materializaron algunhas das demandas como a conexión á rede de sumidoiros ou a mellora do servizo de limpeza.
Actuacións pendentes
Sen embargo, quedan aínda pendentes numerosas actuacións como a dotación de alumeado, a presión da auga ou a execución do vial de conexión entre as dúas fases que será unha realidade proximamente.
Outro dos temas nos que traballa intensamente a xunta directiva da asociación é na erradicación dos vertidos que nos últimos meses están practicamente controlados.
A dotación de seguridade é outro dos obxectivos dos empresarios que están a estudar varios presupostos para a contratación de persoal de vixilancia ou a instalación de cámaras de vídeo.
Redacción Barbanza









