Unha moza do Grove acepta tres anos de prisión por vender drogas

    moza_grove_drogas100.jpgPONTEVEDRA> Unha veciña do Grove, de 26 anos, enfróntase a tres anos de prisión e unha multa de 10 mil euros por vender drogas, …

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_moza_grove_drogas.flv{/flowplayer}

    … que de non pagar se traducirán en 3 meses máis de cárcere. É a condena que solicita para ela o Ministerio Fiscal, quen a considera culpable dun delicto contra a saúde pública na súa modalidade de sustancias que causan grave dano para a saúde.

    O xuízo celebrouse este xoves na Audiencia Provincial de Pontevedra e quedou visto para sentencia tras chegarse a un acordo de conformidade entre as partes. A acusada recoñeceu os feitos e o fiscal rebaixou a súa petición de condena, que nun principio solicitaba cinco anos de prisión e unha multa de 20 mil euros.

    Segundo o informe da Fiscalía, nun rexistro da Policía Nacional de Pontevedra practicado no domicilio da acusada en xullo de 2007 atopáronselle máis de dous quilos de resina de cannabis cun valor de 9.600 euros, e 51 gramos de cocaína cunha pureza do 8,3 por cento coas que obtería unha ganancia económica de 508 euros.

    Tamén se lle atopou máis dun quilo de ácido bórico e outras sustancias para a preparación das doses, unha báscula de precisión, bolsas listas para vender a droga, un teléfono móbil e 800 euros, que segundo o escrito do fiscal, eran producto da venda das drogas. Ó parecer a moza grovense vendía as drogas referíndose a elas como caramelos cando negociaba cos seus clientes.

    Redacción Salnés