Destrozan varios vehículos de mariñeiros en Tragobe sen causa aparente

    CAMBADOS > Algúns mariñeiros e veciños de Cambados atopáronse esta mañá con importantes danos nos seus vehículos. Os coches,que se atopaban aparcados no porto de Tragobe, tiñan os cristais rotos e danos na chapa. Non se produciron roubos nos vehículos, tan só danos materiais. A Garda Civil investiga as causas e os implicados neste asunto.

    cochescambados_190607_300.jpgArredor dunha ducia de coches foron golpeados esta pasada noite no porto de Tragobe, en Cambados. Algúns deles con materiais que se atopaban no porto, como unha valla de obra. Ninguén viu nada. Os propietarios dos coches afectados, moitos deles mariñeiros, non se decataron ate pola mañá cando se dispoñían a coller os seus coches para voltar á casa. Os afectados non saben a causa deste altercado. Os donos dos vehículos afirman que a Garda Civil sospeita dunha soa persoa de orixe estranxeiro.

    Redacción Salnés