Unha cambadesa denuncia o impago dun terreo polo Concello

    CAMBADOS> Unha veciña do lugar de Covas de Lobos, do lugar cambadés de Vilariño,Cándida Chaves Ríos denuncia que leva máis de ano e medio…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_pago_expropiacions_edar.flv{/flowplayer}

    … para cobrar unha débeda do Concello. Os cartos pendentes, uns 62.000 euros, corresponden á venda dunha finca en Leira de Abesadas, á beira do Río Umia o seu paso por Ribadumia. O trato era que o Concello de Cambados precisaba do terreo para construír a nova estación depuradora de augas residuais.

    As obras avanzan e Cándida é a única que non cobrou de tódolos propietarios. O certo é que Cándida xa non quería vender a finca porque non dispón de moitas propiedades pero ameazaron con expropiarlla, co que finalmente, vendeu polas boas. Agora, ó cabo do tempo e tras moitas reclamacións, síntese indefensa ó ver que é a única dos propietarios que non cobrou.

    Cando pide explicacións no Concello de Cambados cos que apalabrou a venda dinlle que non hai cartos e que non é unha EDAR única deles senón que tamén teñen que poñer os outros Concellos que se van a servir dela, entre eles Ribadumia e Vilanova. Na Mancomunidade do Salnés contestáronlle que non era cousa, co que Cándida segue sen cobrar, e o que é peor, non sabe a onde acudir.

    Redacción Salnés