SANXENXO> Sanxenxo xa presume das súas oito bandeiras de sendeiros azuis. Esta mañá o alcalde e a conselleira de medio ambiente izaron unha desas insignias na Ruta dos Carballos de Aldariz. Telmo Martín e Ángeles Vázquez salientaron que Sanxenxo, ademais de ser o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias, é tamén o concello con máis sendeiros azuis. O alcalde comprometeuse a conseguir máis distintivos, implantando un novo sendeiro azul cada ano.
Das 54 rutas coa Bandeira Sendeiro Azul que hai en Galicia, 8 están no concello de Sanxenxo. O municipio sitúase tamén neste caso á cabeza como o concello de España que máis distintivos deste tipo posúe. Esta mañá o alcalde e a conselleira de medio ambiente izaron unha desas insignias na Ruta dos Carballos de Aldariz. Lembraron que Sanxenxo é o municipio con máis dinstitvos deste tipo e tamén con máis bandeiras azuis nas súas praias.
Porque tanto a conselleira como o alcalde reivindicaron que Sanxenxo é moito máis que sol e praia. O municipio conta cunha completa rede de sendeiros recoñecidos con esta insignia, que recoñece a posta en valor de itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas naturais respectuosas e sostibles.
Dos oito sendeiros azuis que hai en Sanxenxo, dous son totalmente interiores. O alcalde avanzou hoxe que queren seguir ampliando esta rede, comprometéndose a crear un novo por ano.
Ademais deste dos Carballos de Aldariz, completan a lista de sendeiros azuis de Sanxenxo a senda fluvial do río Pontillón, o sendeiro máxico da Lanzada e as rutas litorais Areas-Punta Festiñanzo, Canelas-Punta Cabicastro, Montalvo-Major, Paxariñas-Montalvo e Sanxenxo-Portonovo.











