Alfageme e Clesa ó borde da solución

    O SALNÉS> As entidades bancarias involucradas no caso Alfageme teñen ata o vindeiro día 2 para ratificar en asemblea o preacordo ó que chegaron onte…

    {flowplayer}images/salnes/novidades_alfageme_clesa.flv{/flowplayer}

    … entre as partes reunidas en Santiago: a Consellería de Economía e Industria, os Administradores concursais, a banca e representantes do grupo conserveiro cántabro El Consorcio. Haberá pois que agardar ata o vindeiro xoves para coñecer a resolución final deste conflicto. A CIG entende que de fructificar este acordo de venda ó grupo El Consorcio por 30 millóns de euros as factorías de Vilaxoán e Ribadumia poderían reempregar ós traballadores e traballadoras destas dúas factorías e da do Grove nun prazo de entre 5 e 6 meses. Remataría así este conflicto sociolaboral que estivo dando guerra no último ano e medio;e cas garantías intrínsecas que impón o aval do IGAPE.

    No que respecta a Clesa,a factoría láctea de Saiar, en Caldas, a última novidade é que o xuíz, titular do xulgado do Mercantil número 6 de Madrid, ven de argumentar que tamén os administradores concursais poden vender a factoría á única empresa que presentou oferta, a asociación de cooperativas liderada por Feiraco, amparándose na nosa Lei Concursal que entrou en vigor este ano.

    Neste texto explicítase que se poden vender determinadas propiedades nos supostos nos que a sociedade corra algún tipo de perigo por non facelo ou de que se precise liquidez. O quid neste asunto é que parece que ninguén quere asumir a responsabilidade de vender a factoría caldense polo prezo ofertado por Feiraco, que é sensiblemente inferior ó estipulado inicialmente, para non ser obxectos das represalias da Familia Rúiz Mateos, propietaria da planta.

    Redacción Salnés