VILAGARCIA> Preto de 12 mil visitantes acudiron á oficina de turismo de Vilagarcía durante este ano. O punto de información é un dos máis visitado de toda a provincia. Como próximo proxecto, deputación e concello traballan na dixitalización desta oficina.
Dende finais do pasado ano, a oficina de turismo de Vilagarcía sumouse á rede Info Rías Baixas xestionadas pola Deputación de Pontevedra. A unión permite aumentar a promoción e dar máis visibilidade a este punto de información. Unha oficina que segundo a deputación é a máis visitada da provincia durante este ano.
Grazas a incorporarase á rede, Vilagarcía recibiu as axudas da Deputación. Unha subevención importante especialmente nun ano no que, segundo o concello, a Xunta deixou sen previo aviso de subvencionar estes puntos.
O primeiro reto que ten por diante a Deputación con esta oficina e conseguir a Q de calidade turística.
Dende Vilagarcía sinalan que para eles unirse a esta rede é moi importante. Nas vindeiras datas, a oficina mudará a súa imaxe incorporando a estética da deputación. Ademais, dende a administración autonómica agardan incluír a Vilagarcía na segunda fase do proxecto Tourist Inside.
O proxecto Tourist Inside consiste na dixitalización completa das oficinas turísticas. A primeira fase porase en marcha en setembro. Vilagarcía ao adherirse á rede recentemente deberá agardar á segunda quenda.











