O aparcamento da igrexa de Solobeira rematarase ‘en semanas’

    visitasolobeira copia.jpg VILAGARCÍA> O presidente da Deputación de Pontevedra adiantou tamén que en breve comezará a mellora da estrada de acceso a Baión.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_CAMPOSANTO_SIXTO.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, non precisou a data pero si asegurou que en poucas semanas estará rematado o aparcamento do entorno da igrexa de Solobeira. Os traballos que están a realizar neste entorno supoñen o ensanche e mellora dos accesos para acondicionar un espazo no que poder estacionar coches e autobuses. O presidente provincial aproveitou a súa visita ó lugar para agradecer a colaboración dos veciños á hora de cede ros terreos precisos para acometer a actuación.

    Louzán aproveitou a visita para entregar á Asociación veciñal do Sixto unha axuda de cinco mil euros coa que poder seguir realizando melloras o seu local social, subvención que agradeceu o presidente do colectivo aínda que non perdeu a oportunidade para demandar tamén a colaboración económica do concello. 

    Desde a Deputación informaron tamén de que en breve porán en marcha a mellora da estrada de acceso a Baión. Só queda pendente que a Xunta autorice a ocupación dos terreos.

    Redacción Salnés