O Obradoiro de Hostalaría abre as portas a un emprego ‘case’ seguro

    O GROVE>

     

    Xa está en marcha a sétima edición do Obradoiro de Emprego de Hostalería Salnés. 23 alumnos da comarca formaranse durante seis meses en operacións básicas de cociña, bar e restaurante. A finalidade: obter ó remate un emprego. E as probabilidades de inserción son moi altas: do 90 por cento.

     

     

    O Obradoiro de Emprego de Hostalería promovido pola Mancomunidade do Salnés abriu de novo as súas portas para recibir a 23 alumnos que aprenderán técnicas básicas de cociña, bar e restaurante durante seis meses. Trátase de persoas dun amplo abano de idade, de distintos puntos da comarca, seleccionados polos Servizos de emprego entre a carteira de desempregados, tendo preferencia mulleres e parados de longa duración. Trátase dunha oportunidade única, xa que o ser elixido aumenta e moito as posibilidade de acabar a formación cun posto de traballo.

     

    As clases, que se imparten no Centro de Hostalería da Lanzada, no Grove, instruirán ós alumnos nas operacións básicas de hostalería, pero tamén na atención ó cliente e boas prácticas hostaleiras.

     

    As autoridades presentes insistiron ós alumnos no importante de aproveitar esta oportunidade única, xa que a Escola de Hostalería conta cun gran prestixio e o sector hostaleiro e turístico comeza a repuntar.

     

    As clases comezaron onte. Os primeiros días están sendo de adaptación e aprendizaxe de nocións sobre manipulación de alimentos. A próxima semana agárdase que estean funcionando a pleno rendemento.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/OBRADOIROHOSTALERIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/OBRADOIRO_EMPREGO_HOSTALARIA.mp4{/flowplayer}