O novo convenio de sumistro de auga desafoga ós concellos

    PONTEVEDRA> Poio, Sanxenxo, Pontevedra, Vilaboa e Marín pagarán a metade do inicialmente presupostado.

    {flowplayer}images/salnes/ConvenioAugaPontevedra_211212.flv{/flowplayer} 

    Para a construcción e explotación das obras da actuación que afectan á marxe dereita da ría asinouse un convenio cos concellos de Pontevedra, Sanxenxo e Poio en decembro de 2010. Nos últimos meses negociouse a ampliación do mesmo para incluír a Marín e Vilaboa.

    Ademais destas dúas inclusións, o texto asinado hoxe polos alcaldes dos concellos beneficiados e por Acuanorte, a empresa publica que se encarga de realizar a obra, contempla  a reducción da financiación municipal. O Estado pasará a aportar o 85% dos 33 millóns destinados á obra despois de ver incrementados os Fondos Europeos para esta actuación. Os concellos saen beficiados xa que reducirán en máis da metade a súa aportación. Agora financiarán seis millóns de euros.

    Esta obra servirá para ampliar a estación de tratamento de auga potable de Lérez, instalará sete novos depósitos, ampliará o bombeo de Monteporreiro e Raxó, implantaranse case 36 quilómetros de novas conduccións e 12 de renovación de tuberías.

    Se os trámites correspondentes siguen o seu curso normal, as obras poderían comezar en marzo.

    Redacción Salnés